Arrinca en Vilagarcía a Copa de España de ILCA 6 con máis de 150 embarcacións

09 Outubro 2025

O Centro Galego de Vela, en Vilagarcía de Arousa, acolle desde este xoves a Copa de España de ILCA 6 (antigo Láser Radial), unha cita de alto nivel que reúne en augas da Ría de Arousa a máis de 150 regatistas chegados de todas as comunidades autónomas, incluíndo Canarias e Baleares, así como participantes internacionais de Estonia, Guatemala, Panamá, Suíza e Portugal, inscritos na categoría Open.

Durante a xornada inaugural levou a cabo o proceso de medición oficial das embarcacións, onde xuíces especializados revisaron #ver, cascos e aparellos para garantir o cumprimento do regulamento. A competición dispútase ata o domingo e contempla nove mangas repartidas en tres días, cun mínimo de dúas probas necesarias para validar o campionato.

O comité de regatas adiantou a saída do venres ás 11:00 horas, unha hora antes do previsto, co fin de aproveitar as mellores condicións de vento, que se esperan do nordeste con refachos de ata 12 nós.

As categorías en liza son: Absoluto (masculino e feminino), Sub21 Feminino e Sub19 (masculino e feminino). A entrega de premios celebrarase o domingo ás 17:30 horas, sendo a última saída posible ás 16:00.

O evento está organizado pola Real Federación Galega de Vela, delegada pola Real Federación Española, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, e a colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Autoridade Portuaria e a Capitanía Marítima.

Foto Clara Giraldo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.