“Aquí non dimite nin Deus: a inmunidade histórica do PP e o PSOE” – José Luis Calo

08 Outubro 2025

En España, a palabra “dimisión” converteuse nunha especie en perigo de extinción. Mentres noutros países europeos un simple indicio de escándalo provoca renuncias inmediatas, aquí os cargos públicos agárranse ao posto con uñas e dentes, como se fose unha propiedade privada.

O máis grave non é só que non dimite ninguén. É que xa nin nos sorprende. Vivimos instalados na normalización da indecencia. A cidadanía deixou de escandalizarse e, dependendo da cor política do implicado, xustifícase o inxustificable. Pasamos da indignación ao cansazo, e do cansazo á resignación.
O último episodio no Congreso dos Deputados foi case cómico, se non fose tráxico. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, cun xesto enigmático, lanzáballe un “Ánimo, Alberto” ao líder da oposición, nunha clara alusión ás investigacións que afectan ao entorno familiar de Feijóo.

Pero… e a súa propia casa? A súa esposa está sendo investigada por presunto tráfico de influencias. E varios ministros do seu gabinete tamén se viron salpicados por escándalos. Non sería máis honesto aplicar a mesma vara de medir que se lle esixe aos demais?

Aquí hai para todos. No PSOE: o caso Koldo, o “Tito Berni”, os contratos COVID… No PP: Gürtel, Bárcenas, Kitchen. A lista é interminable. Pero o patrón
repítese: ninguén dimite ata que un xuíz o obriga.

En cambio, en Europa o nivel de esixencia ética é outro. En Austria, un ministro de Sanidade dimitiu por non estar á altura da xestión da pandemia. En Finlandia, unha ministra de Finanzas renunciou por ir a unha festa con síntomas de COVID. Alí a política aínda se entende como un servizo público, non como un chiringuito persoal.

A raíz do problema está na nosa cultura política. Aquí, a lealdade ao partido está por riba da responsabilidade institucional. Os cargos son escudos. A política deixou de ser unha vocación de servizo para converterse nunha saída profesional, cunha traxectoria que só remata cando o escándalo xa non se pode tapar.

E mentres, a sociedade española protesta con forza polos abusos de poder noutros países, esixe dimisións en gobernos estranxeiros, e mobilízase por causas internacionais… pero non mira cara a casa.

Non podemos aceptar que a ética sexa unha excepción. A dimisión non é unha derrota: é un acto de dignidade política. Necesitamos recuperar valores básicos: transparencia e rendición de contas. Porque un país onde ninguén dimite, é un país onde ninguén responde. E sen responsabilidade política, non hai futuro democrático posible.

José Luis Calo é coordinador de UCIN Galicia.

Outros artigos

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.