A Deputación aproba un convenio tipo para facilitar a selección de arquitectos/as nos concellos de menos de 20.000 habitantes

07 Outubro 2025

A Deputación da Coruña aprobou na última sesión plenaria do 3 de outubro un modelo de convenio tipo de cooperación interadministrativa dirixido aos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes, co obxectivo de “facilitar a selección de persoal funcionario interino para postos de arquitecto/a e arquitecto/a técnico/a”. A deputada de Asistencia a Concellos, Cristina García Rey, destacou que “esta iniciativa reforza o noso compromiso de asistencia técnica aos municipios de menor capacidade de xestión, facilitando o acceso a profesionais cualificados de maneira eficiente e coordinada”.

Engadiu que “esta iniciativa responde á necesidade básica de todos os concellos de cubrir de forma áxil e eficaz os postos de persoal técnico temporalmente vacantes”. A formación dunha lista provincial, xestionada desde o Servizo de Asistencia Técnica a Municipios (SATM), permitirá optimizar estes procesos selectivos, explicou.

O convenio enmarcase nas competencias que teñen as deputacións para prestar asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos municipios, especialmente a aqueles que teñen menor capacidade económica e de xestión, segundo establece a lexislación de réxime local.

Así mesmo, apóiase na disposición adicional primeira da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que permite aos municipios, excepto os de gran poboación, encomendar a xestión material da selección do seu persoal funcionario interino e laboral temporal ás deputacións provinciais.

Funcionamento do sistema

-Proceso de solicitude: Os concellos interesados deberán presentar a súa solicitude asinada pola alcaldía a través do procedemento SUBTEL, acompañada dun escrito que especifique as características do posto e a duración mínima da vinculación.

-Xestión de candidatos: Unha vez recibida a solicitude, o SATM iniciará o proceso de chamamentos conforme ao Regulamento de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal da Deputación. As persoas candidatas disporán de dous días hábiles para aceptar ou renunciar ao posto.

-Compromisos municipais: Os concellos comprométense a que o posto ofertado sexa a xornada completa ou, como mínimo, de tres días á semana, salvo acordo entre concellos limítrofes ou da mesma comarca que garantan conxuntamente a cobertura da xornada completa.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.