Quico Cadaval está este venres en Rianxo para repasar tres décadas de historias nos escenarios

07 Outubro 2025

Este venres 10 de outubro temos en Rianxo unha cita coa arte narrativa (neste caso oral) dun destacado veciño da nosa comarca: Quico Cadaval (Ribeira, 1960). Será no Auditorio Municipal, co monólogo 30 anos a contar historias (Notas de rodapé). A cita, promovida por Producións Excéntricas, será ás 21.00 horas e terá aproximadamente unha hora de duración. Trátase dunha proposta para maiores de 14 anos. As entradas estarán dispoñíbeis na billeteira ou reservando reservando previamente no correo-e ruben.excentricas@gmail.com ou no teléfono 618 75 21 05.

Quico Cadaval ofrece neste espectáculo un percorrido por máis de tres décadas de narracións que sempre deixan no público a dúbida sobre onde está a fronteira do real e o imaxinado. A proposta comeza cun morto nunha encrucillada e remata co conto máis fermoso do mundo; “polo medio, o que o público ordene”.

En Notas de rodapé, Quico Cadaval, alén de revelar os trucos e segredos do oficio, reclamará a colaboración e o protagonismo do público. Os seus contos están construídos con anacos de memorias, de lembranzas instantáneas, de experiencias inventadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.