Porto do Son acada o 80 % de luminarias LED tras rematar a terceira fase do plan de mellora da iluminación pública

06 Outubro 2025

O Concello de Porto do Son vén de concluír a Fase 3 do proxecto de mellora eficiente da iluminación pública, que abrangue as parroquias de Baroña, Caamaño, Xuño, Noal, Nebra, Goiáns e Miñortos. A actuación contou cun investimento total de 505.143 euros e permitiu o substitución de 1.050 puntos de luz, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética, reducir o consumo eléctrico e ofrecer unha iluminación máis sostible.

O proxecto foi cofinanciado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) a través do programa DUS 5000, que achegou 429.371 euros, mentres que o Concello contribuíu con 75.771,52 euros.

Os traballos incluíron a instalación de luminarias LED, a creación de 16 novos centros de mando e a renovación doutros 25, así como a implantación dun sistema de xestión remota en todos eles. Tamén se melloraron as conexións a terra e se renovou o cableado da rede.

Grazas a esta intervención, o municipio acada máis dun 80 % de luminarias LED en todo o seu territorio, o que supón un aforro enerxético estimado do 70 % cada mes, consolidando o compromiso de Porto do Son cun modelo de iluminación máis eficiente e sostible.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.