A ANPA do Grupo de Ribeira volve concentrase para reclamar máis profesorado e mellores servizos á Consellería de Educación

06 Outubro 2025

Un luns máis, e van xa 5 dende que ANPA do Grupo de Ribeira comezou coas súas mobilizacións para reclamar máis persoal docente (o pasado 8 de setembro, primeiro día do curso escolar), realizouse este luns 6 de outubro unha concentración-cacerolada de 11:30 a 12 h (durante o recreo) na porta principal do colexio. O obxectivo, novamente, foi reclamar á Xunta máis profesorado coa finalidade de emendar as importantes eivas educativas detectadas no centro.

En concreto, instan á Consellería de Educación a nomear de inmediato o substituto para cubrir a vacante de titor/a do 3° B de Educación Primaria e urxen á Consellería a retomar con urxencia as obras que o colexio precisa; reforma integral do edificio da vella comisaría, renovación da cuberta do edificio de Infantil, pintado exterior do edificio principal e arranxo do pavillón.

A ANPA tamén anima á cidadanía a participar o vindeiro sábado 11 de outubro na cadea humana en defensa da sanidade pública que organiza a plataforma dende o Centro de Saúde de Ribeira ata o Hospital da Barbanza, ás 16:30 h, “xa que considermos que a educación e a sanidade son dereitos fundamentais que a cidadanía non pode deixar recortar ou eliminar”, sinalan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.