Aberto o prazo para a participación dos centros educativos no Concurso das Letras Galegas

03 Outubro 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional colaboran unha edición máis no concurso para elaborar unha exposición sobre o Día das Letras Galegas. Trátase dunha iniciativa dirixida aos centros de ensino público non universitario que xirará ao redor da figura de Begoña Caamaño, a homenaxeada no 2026, e que convida ao alumnado a elaborar unha mostra centrada na creación, a época e a situación sociolingüística da etapa na que viviu a escritora e xornalista.

Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas

Con esta convocatoria, o Goberno autonómico pretende que “as e os escolares afonden na importancia da súa obra desde unha perspectiva interdisciplinaria, de maneira que a biografía da autora sirva de base para analizar a súa realidade e o seu contexto”.

Os obxectivos dos traballos enfócanse tanto en potenciar o estudo do legado e da época de Begoña Caamaño, como en propiciar unha reflexión e valoración das contribucións individuais e colectivas á dignificación e normalización da lingua galega desta etapa histórica.

Ademais, a Xunta busca impulsar actividades que favorezan a colaboración entre os departamentos e a implicación activa do alumnado e do profesorado, á vez que se enriquece a oferta de materiais didácticos existentes en lingua galega e se promove a súa divulgación como referentes para outros centros.

O certame establece dúas categorías: unha para educación infantil e primaria e outra que abrangue a secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial. Neste senso, os grupos participantes sumarán á experiencia persoal un premio económico de 2.000€ por categoría.

O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).

O prazo de presentación dos traballos finaliza o 23 de xaneiro do 2026 e as bases do concurso poden consultarse no Portal da Lingua.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.