Secretaría da Lingua e Galaxia presenta o ensaio gañador do Premio Ramón Piñeiro 2024: Ser humanos

03 Outubro 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García participou este venres 3 de outubro na presentación do libro de investigación Ser humanos, de Pilar Casal, coa que acadou o XXIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia co apoio de Caixa Rural Galega.

García enxalzou o galardón como “referente da creación e a divulgación crítica, amena e de calidade de temas de actualidade”, ademais de salientar o emprego “do galego como lingua de divulgación”.

No caso concreto da obra gañadora desta edición, moi centrada no contexto actual da IA, destacou a súa capacidade de “abrir o debate, diálogo e reflexión sobre un tema tan actual como é o noso papel individual e social no mundo globalizado e interconectado no que convivimos”.

Valentín García compartiu co xurado, composto por Grial Parga, Rocío Carolo, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, o “alto valor desta obra” polo “carácter actual e humanista, nunha sociedade na que nos é imprescindñibel a convivencia coas novas tecnoloxías”. Ademais, amosouse convencido de que, a raíz deste traballo, “abrirase un diálogo frutífero respecto ás novas tecnoloxías e desde un tratamento tan necesario como é a transversalidade”. 

En canto á autora gañadora, Pilar Casal, é funcionaria de profesión, licenciada en dereito e ten colaborado con diversas iniciativas de creación en materia de artes vivas. Ademais, é filla de Benxamín Casal, galeguista histórico, director da Editorial Galaxia e unha figura central do galeguismo.

Nova convocatoria

Cómpre lembrar que a nova edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio xa está convocada. Poderán presentarse traballos ata o 15 de novembro, aínda que a decisión do xurado darase a coñecer no mes de decembro. Os orixinais deben ser inéditos e escritos en lingua galega, ademais o autor ou autora non pode ter sido distinguidos nas últimas cinco convocatorias do certame.

O Premio, que vai xa pola súa vixésimo quinta edición, convócase a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio.

O certame acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria deste intelectual, figura central do galeguismo, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

Ficha de Ser humanos (Galaxia)

O libro preséntase baixo a seguinte premisa: a estendida idea de que a Intelixencia Artificial e a máquina van conquistar o mundo e a posición de derrota ao que nos aboca esta idea.

O obxectivo deste ensaio é abrir o debate, convidar ao diálogo e á reflexión persoal. Por este motivo lanza entre outras as seguintes preguntas: Que significa ser humano? Non sería preferíbel seguir sendo seres humanos, afondar na nosa natureza e levala a un nivel superior, en lugar de desafiala e empobrecela?

O ensaio lémbranos que atesouramos “habilidades moi valiosas e intrinsecamente  humanas que non deben quedar obsoletas e que son, por tanto, as mellores aprendizaxes para responder á incerteza, ao cambio constante da nosa contorna e á complexidade dun mundo globalizado e interconectado”.

“Hai algo onde a tecnoloxía non nos superará: na nosa humanidade”, dise no ensaio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.