Manselle acollerá o FestiValo este sábado 4 de outubro

03 Outubro 2025

O lugar de Manselle, no concello de Dodro, converterase o sábado 4 de outubro nun punto de encontro para a música, a arte e a cultura popular coa celebración do FestiValo, un evento que aposta pola “resistencia e alegría” como lema central.

A xornada comezará ás 13:00 horas co vermú musical a cargo de La Fabulosa, ao que seguirá a actuación de Maruxa e Coralia Dilleis no Souto de Manselle.

A programación da tarde arrincará ás 18:00 horas coa Foliada do Montiño, continuando coas Cantareiras do Montiño ás 19:00 e coas Regueifeiras de Dodro ás 19:30. Xa ás 20:00 será a quenda de Xairo d’Herbón, para dar paso a Vimbio ás 21:00 no escenario principal, e pechar a noite co DJ Dillei Residente a partir das 22:30 horas.

Durante todo o día, o público poderá gozar tamén da Acción Artística Galeoska, ademais dun food truck dispoñible a partir das 17:00 horas.

O evento, organizado co apoio do Concello de Dodro e a Deputación da Coruña, inclúese dentro da Rede Cultural 2025, e pretende ser un espazo de convivencia no que tradición, música e creación contemporánea se dean a man.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.