Protección Civil de Ribeira liberou varios animais en apuros na xornada deste 1 de outubro

02 Outubro 2025

O deste mércores 1 de outubro foi un día de rescates para o Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal (GAEM) de Ribeira. Segundo comunicou o grupo de Protección Civil con sede en Santa Uxía, a xornada incluíu o rescate dun can atorado nunha tubaxe no barrio de Cubeliños, en Ribeira. Participou a dotación de garda do GAEM, que coa súa intervención foi quen de liberar a cabeza do can.

Ademais, xa avanzado o día e contra o serán, a agrupación de Protección Civil trasladouse a Corrubedo para socorrer a un gato en apuros. Segundo informaron os efectivos do GAEM, o animal estaba empoleirado no alto dun poste na dita parroquia. Interveu, para baixalo, a dotación de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil.

Ademais, a petición do CIAE 112, o grupo foi quen de recuperar un cabalo na parroquia de Carreira o cal atopábase na estrada DP-7305 provocando un grave risco para a circulación. Foi recuperado e entregado o seu propietario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.