UCIN acusa ao Concello de Boiro de “falta de transparencia” na recadación cultural

01 Outubro 2025

UCIN Boiro emitiu un comunicado no que acusa ao Concello de “falta de transparencia” en materia de recadación cultural, concretamente no recadado a través entradas solidarias do Mes da Danza. “Aínda que se cobra unha entrada simbólica de 3 euros con fins sociais, ata o de agora, case terminando o mes e só quedando unha actuación que celebrar, aínda non se informou que entidades serán as beneficiarias nin baixo que criterios se seleccionaron”, sinala a agrupación.

No comunicado tamén se di que o Concello “non detalla onde mercar as entradas”.

A formación esixe a publicación inmediata da listaxe de entidades beneficiarias, os criterios de selección e as cantidades que recibirá cada unha. UCIN Boiro lembra que “aínda non se fixo pública a recadación do concerto Un piano & 100 velas”, celebrado o pasado 23 de agosto no Pazo de Goiáns, cuxos beneficios ían destinados a SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí).

Ademais, critican que “para este último concerto nomeado, veciños denunciaron en redes sociais sociais que conseguir entradas converteuse nunha misión case imposíbel, máis complicada que facer a declaración da renda”.

UCIN Boiro considera que “a concelleira de Cultura debe dar explicacións urxentes para despexar calquera dúbida sobre posíbeis intereses pouco claros na xestión destas doazóns”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.