Pontón di que a moción de censura do PP en Ribeira é “a proba de que o Goberno local do BNG estaba facendo un bo traballo”

30 Setembro 2025

A  portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que a moción de censura que impulsan o PP e o PBBI en Ribeira é “a proba de que o Goberno municipal do BNG que lidera o alcalde Luís Pérez está facendo un bo traballo”. Afirmou tamén que a moción evidencia “que o PP está disposto a todo para frear un BNG á alza”.

“Ao alcalde  fáiselle unha moción de censura por facer ben o seu traballo, por ser un alcalde que abriu un tempo novo no Concello, que estaba gobernando con transparencia, con igualdade e modernizando Ribeira”, expresou.

A líder do BNG quixo salientar, en declaracións aos medios, que se trata dunha moción de censura “bochornosa, e feita de costas á cidadanía, unha mostra máis”, engadiu, “de como os populares están demostrando a súa preocupación porque vemos un PP que está á baixa fronte a un BNG que sobe”.

“Claramente están dispostos a todo con tal de intentar frear esta tendencia”, denunciou, engadindo que neste xogo úsanse “mañas e artimañas que non deberían darse e, sobre todo, con mocións de censura escuras que o único que teñen detrás son intereses partidistas e persoais e que, claramente, van ir en contra do que o Concello de Ribeira e os seus veciños e veciñas necesitan e merecen”, advertiu.

Pontón amosouse convencida de que “dentro de dous anos a cidadanía responderá democraticamente a esta bochornosa moción de censura”, aseverou en Ferrol, onde mantivo un encontro cos representantes do Foro Cidadán polo Ferrocarril.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.