Un centenar de camiñantes participaron na nova andaina do programa Goza do Ulla

28 Setembro 2025

Este domingo 28 de setembro celebrouse en terras de Rianxo e Dodro unha nova andaina do programa Goza do Ulla, organizado conxuntamente entre os ditos Concellos para achegar á veciñanza opcións de “desfrutar da fermosa paisaxe do treito final do río e do esteiro do Ulla”.

Participaron máis de cen persoas, que foron acompañadas polo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes de Rianxo, Julio Alcalde.

O itinerario a percorrer non foi outro que o Roteiro de Sendeirismo As Brañas – Tres Cruces (desde A Lavandeira en Imo ata Rañó en Rianxo). A iniciativa contou ademais coa colaboración da Deputación da Coruña. Será o vindeiro 28 de setembro con saída ás 9.30 da mañá.

O itinerario percorreu camiños de Dodro e Rianxo, con saída na Lavandeira (Imo, Dodro) e chegada á Rañó (Leiro, Rianxo), pasando por varios lugares destacados da contorna do Ulla. Destacan o conxunto de hórreos da Lavandeira, As Brañas e As Tres Cruces, onde se atopa o Vía Crucis marítimo-fluvial do esteiro do río. O traxecto permitiu aos participantes desfrutar da paisaxe do esteiro, da ría de Arousa e da marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a illa de Cortegada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.