A Policía Local de Boiro actualiza a súa formación

25 Setembro 2025

Os axentes da Policía Local de Boiro participaron esta semana nunha serie de actividades formativas co obxectivo de actualizar e a ampliar os seus coñecementos de cara ao bo desenvolvemento das súas funcións. O equipo de axentes participou en formación no sistema de xestión policial APPOLO, prácticas regulamentarias de tiro e formación para a investigación de graffitis.

A primeira das actividades formativas tivo como finalidade formar aos axentes no software de xestión policial APPOLO, unha ferramenta que vai permitir aos axentes dixitalizar e automatizar os procesos, facer o control de tráfico e denuncias de forma dixitalizada. A utilización desta ferramenta irá acompañada da aplicación e posta en marcha de cámaras e utilización de tabletas para poder facer toda a xestión policial dende a vía publica.

Os axentes desenvolveron tamén nesta semana as prácticas regulamentarias de tiro, que teñen como obxectivo reforzar as habilidades técnicas e mellorar a precisión dos axentes no caso de que precisen actuar ante algunha emerxencia.

Nestes días participaron tamén nun obradoiro formativo en investigacións de graffitis no que aprenderon técnicas que lles vai permitir aos axentes clarificar pintadas que poidan aparecer na vía pública.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.