A operación ‘Saona’ vinculada ao alixo de 3.500 quilos de cocaína da Pobra deixa 11 detidos e 18 rexistros

25 Setembro 2025

Axentes da Unidade de Droga e Crime Organizado (UDYCO), en colaboración coa DEA estadounidense, desenvolveron este mércores un amplo operativo policial que se salda, ata o momento, con 11 detidos e 18 rexistros simultáneos nas provincias da Coruña e Pontevedra. A actuación está relacionada co alixo de 3.500 quilos de cocaína incautado na Pobra do Caramiñal fai dez días, polo que xa foran arrestadas tres persoas.

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, detallou que a maioría dos rexistros desta operación, bautizada como ‘Saona’, producíronse en municipios da provincia da Coruña. En Pontevedra, a Policía rexistrou varios puntos en Cambados, entre eles un taller de embarcacións na aldea de Tragove, vinculado a unha empresa de alugueiro náutico en Sanxenxo.

Narcosubmarino e detencións previas

As primeiras detencións producíronse o 14 de setembro, cando se arrestou a tres homes —uno de nacionalidade colombiana e dous ecuatorianos— tras o achado da droga, que chegaría ás costas galegas nun narcosubmarino. A titular do Tribunal de Instancia de Muros decretou o pasado martes prisión provisional, comunicada e sen fianza para estes tres arrestados.

Axentes do GRECO Galicia interceptaron inicialmente ao redor de mil quilos de estupefaciente cando caeu do vehículo que o transportaba en pleno operativo policial. O achado do segundo alixo foi posible grazas a información da Policía Nacional, e axentes municipais realizaron unha inspección perimetral nas zonas sinaladas ata localizar a droga restante.

Con esta nova fase da operación ‘Saona’, as forzas de seguridade reforzan a loita contra o narcotráfico nas costas galegas.

TVG

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.