Este sábado temos unha cita coa música galega de primeiro nivel na nova edición do Festivalo

24 Setembro 2025

Esta fin de semana o núcleo de Manselle (Dodro) vai acoller a nova edición do certame musical e cultural Festivalo. Baixo o lema Resistencia e Alegría a cita propón unha xornada de música e diversión para subliñar nas nosas axendas.

Vimbio, pertencente ao Programa Rede Cultural 2025 da Deputación da Coruña, e Five Star Service serán os cabezas de cartel dun festival cheo de grandes artistas, como por exemplo Cé Orquestra Pantasma, Xairo D’Herbón, Maruxa e Coralia, Foliada do Montiño, Cantareiras do Montiño, Acción Artística Galeoska e Regueifeiras de Dodro.

A sesión vermú estará amenizada por La Fabulosa.

Haberá actividade gastronómica a través de foodtrucks.

A cita será o sábado 27 de setembro.

O Festival o é un certame musical que naceu en 2010 e que debe o seu nome ao feito de que se celebra nos terreos que conquistou para o comunal o valo construído polos veciños de Manselle. Foi, en palabras da veciñanza, “un evento que xurdiu con vocación de por en valor e desfrutar a música contemporánea e tradicional en galego, sobre todo da comarca do Sar, e polo que pasaron grupos sobranceiros como Ruxe Ruxe ou Labregos no Tempo dos Sputniks”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.