A campaña da volta ao cole da ABE xa rexistrou case 1.600 tíckets

23 Setembro 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) fixo un primeiro balance da campaña Volta ao cole: Cada compra suma, que se desenvolve entre o 10 de setembro e o 5 de outubro, cun sorteo final o día 6 de outubro. Segundo fai saber a patronal, “até a data xa se rexistraron 1.598 tíckets, situándose por riba dos rexistros do mesmo período xusto antes do lanzamento da campaña”. O novo reto é superar o récord histórico de 3.464 rexistros nun período de 26 días, acadado o pasado mes de agosto. Acadar esa cifra suporía unha participación excepcional e unha doazón solidaria significativa.

Como funciona a campaña

As persoas que realicen compras nos negocios asociados poden rexistrar os tíckets na web da ABE. Con cada rexistro participamos no sorteo dun ordenador portátil HP e, tamén, xeramos unha doazón de 0,10 € en bonos ABE, que a Cruz Vermella de Boiro repartirá entre familias necesitadas para mercar material escolar nos establecementos locais.

O presidente da ABE, Daniel García, destacou: “Queremos que cada compra conte por partida dobre: como apoio ao comercio local e como axuda directa a familias que necesitan un impulso extra neste comezo de curso”.

Chamada á participación

A ABE anima á cidadanía a seguir rexistrando tíckets e sumando puntos para a doazón, co obxectivo de bater todos os récords históricos da web e lograr o máximo impacto solidario nesta edición da campaña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.