Motorista accidentado na Mámoa, en dirección Carreira

22 Setembro 2025

Na tarde deste luns 22 de setembro a dotación de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira foi mobilizada polo CIAE 112 por un accidente de tráfico no punto quilométrico 2 da estrada DP-7305, cun motorista ferido e en parada cardiorespiratoria, o cal foi inmobilizado e trasladado o Hospital da Barbanza por unha ambulancia do 061.

O dispositivo foi unha intervención conxunta coa Policía Local de Ribeira e a ambulancia do 061 (Urxencias Médicas).

Agrupación de voluntarios y servicio municipal de protección civil-RIBEIRA 

O sinistro foi rexistrado en torno ás 15.15 horas desta tarde, á altura do lugar da Mámoa. A persoa accidentada foi un menor de 17 anos, que logo de deixarse atrás o alto da Mámoa, en dirección Carreira, tentou esquivar un vehículo de reparto que estaba tentando incorporarse á circulación dende unha vía secundaria, manobra que rematou co mozo e o seu vehículo esnafrándose contra un contedor de vidro.

Agrupación de voluntarios y servicio municipal de protección civil-RIBEIRA 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.