Alecrín impulsa xornadas de baile gratuítas en Santiago,  Barbanza, Padrón e Valga

11 Setembro 2025

A Asociación Cultural Taller Alecrín e o Club Deportivo Alecrín poñen en marcha dende o 16 ao 30 de setembro unhas xornadas con obradoiros de baile gratuítos para adultos en colaboración con diferentes entidades das bisbarras de Santiago, Barbanza, Padrón e Valga.

Cada xornada contará con dous talleres dunha hora: Linedance para singles que queiran tomar contacto con ritmos clásicos, latinos e modernos será o primeiro obradoiro de 20:00 a 21:00 horas; e Baile Social para parellas que queiran empezar ou mellorar o seu estilo nos bailes estándar, latinos ou tropicais será o segundo obradoiro de 21:00 a 22:00 horas.

Estes obradoiros están dirixidos ao público adulto e o único requisito será a inscrición telefónica previa no 698 150 432. Toda unha aposta polo baile como actividade que fomente hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella e grupo nun contexto social e cultural.  

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Xogar coas vidas”. Xosé Antonio Silva

“Xogar coas vidas”. Xosé Antonio Silva

Lucia e Jason son unha parella de noivos que rouba, atraca, dispara, consome drogas e escapa da policía por unha cidade imaxinaria moi parecida a Miami. Son os protagonistas da sexta entrega do videoxogo Grand Theft Auto, o GTA, que vén de chegar ás tendas e, segundo...

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...