Carmen Rey presenta en Porto do Son, este venres, a súa novela “Esconxuros para un rei”

11 Setembro 2025

A escritora mazaricá María Carmen Rey Núñez vai presentar na nosa comarca o seu máis recente libro, a novela Esconxuros para un rei. Será no Centro de Interpretación do Castro de Baroña, este venres 12 de setembro.

O acto celebrarase a partir das 20:00 horas e participarán a autora do libro, Mª Carmen Rey; a mestra Encarna Pego Paz; e a escritora local Patricia Torrado.

María del Carmen Rey Núñez (Mazaricos 1964) é unha gandeira e escritora galega que ten publicado libros tan destacados como Escapados (2017), ambientado na Guerra Civil, ou Mulleres (2018), onde conta as vidas de varias mulleres que loitan e que se opoñen ao que o destino lles quere deparar.

En Esconxuros para un rei (Baía Edicións) cóntanos a historia de Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida polo seu pai e mais pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas foxe da inquisición de Castela) a unha meiga da montaña de Lugo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.