BarbanTEA promove unha formación en atención a deportistas autistas, co apoio do Concello de Boiro e JEALSA

10 Setembro 2025

O Concello de Boiro colabora con BarbanTEA na organización da actividade DeporTEA que conta co financiamento da empresa local JEALSA e ten a finalidade de promover a inclusión no deporte. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Patricia Davila e Eva Val del Rio de Barbantea, e Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA.

A formación DeporTEA está dirixida a adestradores/as e vai consistir nunha formación en atención a deportistas autistas impartida por Sergio Gómez Gallo.

Vai constar dunha xornada teórica que terá lugar o día 16 de setembro no Centro Social de Boiro, e unha práctica o día 18 no Pavillón de Barraña.

As inscricións están abertas e poden facerse mediante o número de teléfono 621 31 75 67.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.