Xa na rúa o número de setembro da edición impresa de ”O Barbanza”

08 Setembro 2025

Como cada mes sae un novo número da nosa publicación mensual en papel “O Barbanza”  correspondente o mes de setembro.

Esta edición a nº 78, está xa en distribución de balde en toda a comarca e trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos nos concellos, dedicando especial información das derradeiras festas da comarca, O Carmen, o Nazareno, A Guadalupe e Santa Uxía e as actividades de lecer.

Coma sempre o turismo, a cultura, as letras e a historia completan este número de “O Barbanza” de setembro que como é habitual ten unha tirada de 7.000 exemplares.

Amais do seu formato físico poden descargarse en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas para pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos lectores que no último mes superaron a media de 3.700 usuarios únicos/día con xornadas que superan os 10.500 usuarios/día, e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas.

Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal ou o noso Whatsapp 608 240 160. Grazas polo apoio e a difusión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.