O Museo do Gravado acolle o sábado 17 a entrega do XVI Premio Atlante

08 Setembro 2025

O Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira celebrará o sábado, 13 de setembro, a gala de entrega do XVI Premio de Gravado Atlante, un certame de referencia no eido da creación artística que reúne obras de gravadores e gravadoras de ámbito nacional e internacional.

O acto, presidido polo responsable da Fundación Museo, Luís Antonio Pérez Barral, dará comezo ás 13.00 horas nas instalacións situadas no lugar de Outeiro (Artes, Ribeira). A cerimonia incluirá tamén a inauguración da exposición cos traballos seleccionados nesta edición, que permanecerá aberta ao público no propio museo.

Co obxectivo de achegar a cita a toda a cidadanía, a organización retransmitirá o evento en directo a través de dúas canles de YouTube: Enlace 1 e Enlace 2.

O Premio Atlante consolídase, edición tras edición, como un espazo de encontro para o mundo do gravado contemporáneo e unha plataforma de difusión do talento artístico vinculado a esta disciplina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.