Ribeira impulsa novas medidas de conciliación coa colaboración das ANPAS

05 Setembro 2025

O equipo de Goberno de Ribeira mantivo este xoves 4 de setembro unha xuntanza coas asociacións de nais e pais (ANPAS) dos colexios públicos do municipio, na que participaron o alcalde Luís Pérez, a concelleira de Educación Cruz Rivadulla, e a concelleira de Facenda Herminia Pouso. O encontro serviu para avanzar nas medidas en materia de conciliación da vida laboral e familiar neste curso que comeza.

No marco desta reunión, anunciouse que o Concello colaborará directamente coas ANPAS mediante a incorporación de persoal de tempo libre para destinalo á posta en marcha ou reforzo de servizos de madrugadores ou de comedor escolar, asumindo unha hora de monitor/a por centro.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou a importancia desta medida: “Sabemos que a conciliación é unha das grandes preocupacións das familias, sobre todo cando falamos de horarios de entrada e saída dos centros escolares. Con esta colaboración queremos apoiar directamente ás ANPAS, que son quen mellor coñecen a realidade de cada colexio, e ao mesmo tempo aliviar a carga económica das familias. É unha medida que facilita que servizos esenciais como os madrugadores ou o comedor escolar poidan seguir prestándose con garantías, evitando que algunhas familias teñan que renunciar a eles polo seu custo.”

Explicou o rexedor que esta iniciativa forma parte dun compromiso máis amplo do Goberno local xa que “se prevé licitar en breve o servizo de conciliación para garantir ter monitorado para as épocas non lectivas do curso escolar”. E engadiu: “O noso obxectivo é construír unha Ribeira que se adapte ás necesidades reais da veciñanza. Por iso imos seguir traballando en medidas que permitan compatibilizar a vida laboral coa familiar e que dean tranquilidade ás nais e pais cando teñen que deixar os seus fillos e fillas no colexio. Hoxe damos un paso adiante, pero xa estamos a pensar en como mellorar e ampliar este apoio nos próximos anos.”

A concelleira de Facenda, Herminia Pouso, incidiu no carácter progresivo desta iniciativa e argumentou que “este é un primeiro paso, pero a nosa intención é ir a máis en sucesivas anualidades se acadamos novos fondos, incrementando o apoio ás ANPAS e ás familias. Queremos consolidar un modelo que facilite a conciliación en Ribeira.”

Pola súa parte, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, puxo en valor o diálogo coa comunidade educativa informando que a medida xorde “froito das peticións practicamente unánimes cando se reuniu o Consello Escolar Municipal. Deste xeito, o goberno cumpre coa palabra dada e dá resposta a unha demanda moi sentida polas familias.”

O goberno local valora moi positivamente a boa disposición das ANPAS, que participaron activamente no encontro e trasladaron as necesidades e demandas das súas comunidades educativas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.