“Camiño de todos”. Luís Celeiro

04 Setembro 2025

Volveu ao Camiño para andar unha semana e no medio da multitude estaba soa. Absolutamente
soa, como quería estar, andar, falar e escoitar o canto dos merlos que andaban ás cereixas.
Gustáballe seguir os andares do cuco, pero nesta ocasión non poido ser, hai poucos paporrubios
para chocar os seu ovos e criarlles os fillos. Así é, todo cambia e a peregrina, despois de pouco
tempo, está nun espazo irrecoñecible, diferente e coas contornas xeográficas, culturais, paisaxística
e emocionais distintas.
Era o Camiño Francés, o que vén de alá atrás, de onde anda a xente, esa xente que cruza Europa,
terras, montes e vales, ríos e regatos para chegar a Santiago e darlle unha aperta ao Apóstolo ou dar
unha volta polas rúas composteláns, falando cuns e con outros, escoitando as impertinencias dos
que falan por teléfono e arrenegando do que din as políticas e políticos profesionais, “eses que non
son capaces de calar”.
Volveu ao Camiño e non o recoñece. Ela quere que sexa outra vez un espazo de comunicación, de
interacción, de diálogo, de reflexión e pensamento, un espazo para todos, con todos os seus valores.
Quere que as asociacións, a sociedade civil, as autoridades municipais, autonómicas e tódalas outras
respecten ao Camiño como un ben da humanidade, como Patrimonio Mundial que é.
Os responsables do Camiño de Santiago, se é que os hai, deberían pensar na “galiña dos ovos de
ouro”, coidala, amala e defendela para que goce de boa saúde e sega poñendo os seus ovos. Galicia
é a terra do Camiño e as súas rutas configuran e harmonizan o noso territorio, traen xente, traen
cultura, traen vida, ledicia e saberes. Eles, os que veñen e nós constituímos unha comunidade
mundial, que debe respectar e respecta as diferencias entre cadaquén, a discrepancia de pareceres,
as culturas distintas e os diversos modos de entender e de ver a realidade e o entorno.
Para coñecer as distintas rutas xacobeas en Galicia, hai moito que andar e canto máis se ande,
mellor. Dende A Fonsagrada, dende O Cebreiro ou dende o Barco de Valdeorras; dende A Canda ou
dende Tui, dende Ferrol, Fene ou Ribadeo, ata Santiago de Compostela, toda esa terra é Camiño. A
Tía Manuela é unha defensora e promotora dos seus valores, porque “se defendemos o noso,
axudamos ao de todos”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...