O CB Santa Baia celebra o seu 35 aniversario cun encontro entre o Celtafemxa Zorka e o Baxi Ferrol

04 Setembro 2025

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación dos actos do 35 anivesario do CB Santa Baia, que comezan este sábado 6 de setembro cun encontro entre o Celtafemxa Zorka e o Baxi Ferrol. Na presentación estiveron tamén Guillermo Outeiral, representante do CB Santa Baia; Carlos Álvarez, presidente do Celta feminino e Uxía Rodríguez, xogadora.

O encontro terá lugar o vindeiro sábado 6 de setembro ás 19.00 horas no Pavillón da Cachada e dará inicio aos actos do 35 aniversario do CB Santa Baia. “Un evento que une a dous grandes clubs da nosa comunidade e que vai facer historia”, afirmou Guillermo Outeiral.

Por parte do Celta, Uxía Rodríguez recoñeceu que “este partido vainos axudar moito na nova tempada que collemos con moitas ganas para poder volver á Liga feminina 1”. O seu presidente, Carlos Álvarez, agradeceu o convite a poder participar neste encontro que “fai que o baloncesto feminino chegue a máis xente” .

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, animou á veciñanza de Boiro a achegarse o sábado ao Pavillón da Cachada para presenciar este encontro e celebrar co CB Santa Baia o seu 35 aniversario: “Un club moi modesto pero que está colleitando numerosos éxitos gracias ao esforzo e dedicación da súa directiva e os xogadores e xogadoras das distintas categorías”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.