“En que mans estamos. Arde Galicia” – José Manuel Pena

02 Setembro 2025

Arde Galicia. Os montes queimáronse. Os responsables da Xunta de Galicia, principalmente o presidente e a Conselleira de Medio Rural manifestan publicamente a súa satisfacción polo enorme traballo desenvolvido nas tarefas de extinción dos incendios e de que non foron demasiado daniños para o ecosistema. O negacionismo climático e a irresponsabilidade gobernamental. Nada sobre os necesarios traballos de prevención e da xestión dos montes, en colaboración e coordinación cos diferentes Concellos e as Comunidades de montes.

Como galego, cáusanme vergoña os dirixentes políticos da Xunta de Galicia que non admiten a presunta neglixencia, a falta de medios e a precarización das brigadas de extinción de incendios así como da falta dunhas mellores condicións laborais e salariais dos bombeiros forestais e comarcais. Como poden ser contratados unicamente tres ou catro meses ao ano e cunhas retribucións que non superan o salario mínimo interprofesional. Logo, ao único que se dedican, os dirixentes autonómicos e os seus palmeiros, é a aplaudir a valentía deses profesionais, eles non queren recoñecemento desexan ter dignidade laboral.

Quen vai responder pola catástrofe ecolóxica, medioambiental e humana dos incendios, en Galicia? Os veciños, que perderon as súas casas e demais propiedades; os animais que se se queimaron nos montes ou a Conselleira de Medio Rural como máxima autoridade na xestión e protección dos recursos naturais e medioambientais da nosa terra?. En que mans estamos?…

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.