Domingo 31, inestabilidade atmosférica e descenso das temperaturas

30 Agosto 2025

 Remata agosto cunha xornada do domingo 31, San Ramón, con inestabilidade atmosférica, cos chuvascos que van tras a fronte. Así teremos ceos con intervalos de nubes e claros e chuvascos que serán máis xeneralizados na segunda metade da xornada.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso (20-22 graos). Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde, con intervalos fortes no extremo norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá, do oeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá e á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.