Domingo e luns: Alerta amarela na Coruña e a Costa da Morte por ondas de máis de 4 metros

30 Agosto 2025

O noroeste da Coruña e a Costa da Morte permanecerán en alerta amarela por forte ondada durante 24 horas, entre este domingo e o luns, segundo informou Meteogalicia. O aviso manterase activo desde as 15.00 horas do domingo ata a mesma hora do luns, 1 de setembro.

A situación débese a unha borrasca situada ao oeste de Irlanda que provocará ondas superiores aos 4 metros entre Fisterra e Estaca de Bares, tal e como sinalou a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Ademais, durante a xornada do sábado estas mesmas zonas xa se atopaban en alerta amarela por temporal costeiro, entre as 12.00 e as 18.00 horas, debido a refachos de vento de forza sete rexistradas entre Sisargas e Estaca de Bares.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.