Sábado 30, chega unha fronte fría que deixará máis chuvias en Galicia

29 Agosto 2025

Galicia continuará este martes baixo a influencia das baixas presións do Atlántico norte, que traerán consigo a chegada dunha fronte fría ao final da xornada.

Pola mañá a nebulosidade será en aumento, con precipitacións febles e dispersas, que se irán facendo máis xeneralizadas durante a tarde e a noite.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que os ventos soprarán do suroeste, con intervalos de moderado no litoral e tamén nas zonas altas do interior.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e variable á noite, forza 2 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.