“Uns teñen a fama e outros cardan a lá, dí o refrán”. Antón Luaces

29 Agosto 2025

A taxa de criminalidade convencional en España sitúase -segundo datos oficiais-  en 41 delictos por cada mil habitantes (0,6 na banda máis  baixa da serie histórica), unha das máis baixas do mundo. Evidencia esta cifra que a criminalidade total rexistrada policialmente en España decreceu porcentualmente un 2,8%. A taxa de cibercriminalidade establécese en 9,5 delictos por mil habitantes.

Barcelona encabeza a lista das cidades máis inseguras de España cunha taxa de criminalidade de 8,56 delictos por cada 100.000 habitantes. 

A listaxe das cidades máis perigosas de España está encabezada por aquelas que rexistran un maior número de delictos, desde roubos e furtos ou delictos contra a vivenda ata agresións: Barcelona, Madrid, Sevilla, Valencia, Málaga, Palma de Mallorca, Bilbao, Alacante, Zaragoza e Granada. 

O último balanzo de criminalidade publicado polo Ministerio de Interior sitúa á comunidade autónoma de Galicia no terceiro posto a nivel estatal cunha taxa de 35,6 delictos por cada 1.000 habitantes, moi por baixo da media española, que se sitúa case que 15 puntos por riba.

Estas cifras reflicten unha tendenza de estabilidade na criminalidade, sen grandes variaciñóns  en comparanza cos trimestres previos: no segundo trimestre deste ano, un 44,5% dos delictos coñecidos en Galicia foron esclarecidos, o que supón a mellor cifra dos últimos oito anos e unha suba de catro décimas a respecto do balanzo do primeiro trimestre de 2025. 

Entre xaneiro e xuño contabilizáronse en Galicia un total de 47.459 infraccións penais, cifras semellantes as do mesmo periodo do ano anterior.

A análise do Ministerio do Interior apunta a unha redución na maioría das tipoloxías de delincuencia tradicional.

Esta situación contrasta coa que determinados partidos políticos semellan empeñados en evidenciar sen ningún rigor na  súa veracidade. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.