A AER achega unha valoración moi positiva da cuarta edición de Gastromar

29 Agosto 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) emitiu un comunicado no que fai balance dos fitos acadados na nova edición, a cuarta, da feira gastronómica gastronómica Gastromar, celebrada entre os días 22, 23 e 24 de agosto na praza de España de Santa Uxía co obxectivo de reivindicar a excelente calidade dos produtos pesqueiros e marisqueiros locais. En primeiro lugar a patronal expresou o seu agradecemento ao público que asistiu en masa á degustación dos produtos da ría, tanto foráneos como residentes. Coa súa presenza, engade a AER, “vemos recompensado o noso esforzo por dotar a Ribeira dunha festa gastronómica de gran calidade”.

A asociación tamén expresou o seu máis sincero agradecemento a todas as institucións e entidades que, co seu apoio e colaboración, fan posíbel a celebración deste evento: a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Ribeira, e tamén as confrarías de Ribeira, Carreira e Aguiño, a Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía, así como as empresas Chicolino, Pesca al Día, Talaso Barbanza e Jaldamar de Antonio Torres, “que de maneira altruísta proporcionounos o peixe espada servido na degustación”.

No comunicado tamén expresan o seu recoñecemento á Asociación da Praza de Abastos de Ribeira, ao Restaurante Tío Pepe, á Vinoteca de Tucho, ás Adegas La Parra, a Ferrovial, a Viaqua e á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento, “que nos cedeu a dorna Ardentia para a decoración”.

O agradecemento esténdese tamén aos medios de comunicación, “cuxo incondicional apoio e ampla cobertura antes, durante e despois do evento resultaron fundamentais”, e tamén á empresa local A Poutada, pola súa participación coa exposición dunha embarcación.

E engaden: “Sabemos que a lista é extensa, pero non queremos deixar de insistir en que este evento está aberto a todas aquelas empresas e entidades que desexen sumarse en futuras edicións. Desde que collemos as rendas da Asociación de Empresarios o noso compromiso é con Ribeira, o seu comercio, as súas empresas e as súas xentes e é por iso que non cesaremos de realizar todos aqueles eventos aos que poidamos chegar da man das institucións e empresas que tanto necesitamos, ás que xa participan reiteramos as grazas, aos que non, esperamos velas axiña”.

Respecto das críticas vertidas cara a organización da nova edición de Gastromar, sinalan que “cremos que é mellor non contestalas, xa que é mellor respondelas cos feitos”. Porén, a patronal si que sae ao paso dos comentarios sobre o cambio de datas, sinalando que “isto non foi un capricho noso, xa que na celebración da III edición ano 2024 coincidimos coa Festa do Polbo de Palmeira, e este feito causou malestar, polo que en reunión co Concello trasladáronnos que Palmeira tiña a súa celebración a última semana de agosto, motivo polo cal acordamos ambas as partes celebrar Gastromar a penúltima fin de semana do mes e a Feira do Polbo o último como eles pediron”. A sorpresa, critican dende a AER, cando “vimos que o Concello mudou a data da Feira do Polbo”. E engaden: “Non foi pola nosa culpa que a pasada fin de semana coincidisen Gastromar, a Festa do Polbo de Palmeira e Festas en Castiñeiras”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.