Tres toxinas distintas manteñen pechados a metade dos polígonos bateeiros de Galicia

25 Agosto 2025

Antón Luaces. Os bancos marisqueiros e, en maior medida, a metade dos polígonos bateeiros de Galicia permanecen pechados. A ría máis afectada é, polo de agora, a de Pontevedra, afectada pola toxina diarreica. Os expertos coidan que se trata de episodios normais, e afirman que os produtos que chegan aos mercados para o seu consumo son seguros.

Afectan asemade aos bancos marisqueiros, aínda que en menor medida. Neste caso, o 70%  permanecen abertos.

A directora de INTECMAR, Covadonga Salgado, explicou que a toxina amnésica “ten unha evolución moi rápida, o que leva a realizar mostraxes todos os días, o que permite  evolucionar de xeito rápido ben para abrir as zonas ou ben en caso de se confirmar para pechalas”.

No caso dos polígonos bateeiros o 50% dos peches son cautelares.

A presenza destas toxinas non resulta, nin moito menos, un fenómeno extraordinario. Para os expertos estamos diante de episodios cotiáns cuxos controis diarios garanten a seguridade alimentaria.

Amais do mexillón a prohibición de extracción aféctalle á  captura de ameixa,  do longueirón e do berberecho.

Un caso distinto sería a afectación das rías polos vertidos a estas das cinzas dos montes queimados nas últimas semanas,  polo arrastre das mesmas a causa das choivas que se prevén para estes días en boa parte da comunidade galega.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.