O deporte será o gran protagonista nas rúas da Pobra do Caramiñal este venres 29

25 Agosto 2025

O deporte será o gran protagonista nas rúas da Pobra do Caramiñal este venres, 29 de agosto. Así o anunciaron o concelleiro de Deportes, Eloy Sobrido, e a coordinadora da área, Ana Romero, durante a presentación dunha nova edición do Día do Deporte na Rúa.

“Con esta iniciativa buscamos achegar o deporte á cidadanía e demostrar que hai actividades para todas as idades. É unha maneira de recoñecer o esforzo dos clubs e entidades que traballan todo o ano para manter unha oferta variada e de calidade”, destacou o edil.

Ao longo do día, desde as 11.30 ata as 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, diferentes espazos da localidade, como a praza Alcalde Segundo Durán, as pistas deportivas do Castelo ou a praia do Areal, acollerán actividades gratuítas e sen inscrición previa dirixidas a todas as idades. Entre as disciplinas que se poderán practicar atópanse o atletismo, artes marciais, fútbol 3×3, baloncesto, bádminton, remo, tenis, hóckey, tenis de mesa, voleibol, xadrez, parkour, ademais de inchábeis para os máis pequenos.

A iniciativa contará coa participación de representantes dos clubs locais, así como monitorado do departamento de Deportes, que se encargará de dirixir e dinamizar as diferentes actividades.

X Torneo de Xadrez

Ademais, no marco desta programación terá lugar o X Torneo de Xadrez na Rúa, que se celebrará de 16.30 a 19.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán. O torneo disputarase baixo o sistema suízo a seis roldas, e as inscricións poderán realizarse a través do correo electrónico xadrezbretema@gmail.com.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.