En Boiro aumenta a cantidade de residuos que se depositan no contedor xenérico durante a corentena

16 Abril 2020

Desde o departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro alertase
á poboación da importancia de manter os bos hábitos na reciclaxe durante o confinamento xa que, desde que comezou o Estado de alarma, aumentou de xeito considerable o número de residuos e tamén a cantidade de impropios que se depositan no contedor xenérico.
No ano 2018, gracias á recollida selectiva que realizan os veciños e
veciñas, a taxa de residuos baixou, algo que repercute directamente na factura que pagan os contribuíntes. Sogama premia aos municipios que fan unha boa labor na recollida de residuo e penaliza a aqueles que aumentan notoriamente a cantidade de residuos, sobre todo de impropios, no contedor xenérico.
Desde que comezou o Estado de alarma, os operarios encargados da
recollida do lixo detectaron que se aumentou de xeito significativo a cantidade de impropios que se depositan ao contedor xenérico. Roupa, aparellos eléctricos e enseres de todo tipo son algúns dos elementos que se están detectando no contedor xenérico e que teñen unha segunda vida.
O departamento de Medio Ambiente insiste na importancia de depositar
os residuos que son reciclable nos contedores axeitados, como son os envases lixeiros, o papel e cartón, o vidro, os aceites, a roupa… Os restos de podas e outros residuos agrícolas non se deben depositar no contedor xenérico, senón que hai que agardar a que se poidan facer queimas. As máscaras, luvas, gafas e outros materiais de seguridade non se poden depositar no contedor amarelo, teñen que ir ao xenérico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...