O Concello de Rianxo aproba a convocatoria das axudas para compra de material escolar

22 Agosto 2025

A xunta de Goberno local do Concello de Rianxo vén de aprobar as bases da convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado de Educación Infantil e Ensino Obrigatorio do municipio.

A contía máxima das axudas será de 300€ para dispositivos electrónicos, 50€ para material escolar e 75€ para roupa deportiva.

“As familias poderán investir as axudas na compra de material necesario para o desenvolvemento da actividade do alumnado no curso escolar que axiña comeza”, sinalou o alcalde, Julián Bustelo.

Bustelo tamén recordou que na convocatoria correspondente ao curso 2024/2025 concedéronse axudas por un importe total de 10.507€, “máis do dobre que o importe correspondente ao curso 2022/2023, o que se traduce nun aumento de máis do 50% das persoas beneficiarias”, sinalou, lembrando que o prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.