O Concello de Rianxo colabora coa recollida de medicamentos para o pobo saharauí de SOGAPS

21 Agosto 2025

O Concello de Rianxo colabora coa recollida solidaria de medicamentos e material sanitario (medicación oral de uso común como paracetamol, ibuprofeno, amoxicilina, antiestamínicos ou vitaminas), inxectábel e pomadas que organiza a organización solidaria co pobo saharauí, SOGAPS.

Os lugares de recollida son a Casa do Concello, a piscina municipal, o CEP Brea Segade (en horario do campamento) e as farmacias de Rianxo.

As doazóns poderanse facer ata este venres, día 22. No caso de colaborar dun donativo, pódese facer o ingreso no número de conta IBAN ES48 2080 5056 1130 4006 3331.

Tamén se pode chamar ao número de teléfono 679 408 524 ou escribir ao enderezo electrónico sogaps.oficial@gmail.com para recibir máis información sobre a iniciativa.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.