A mancomunidade de municipios de Arousa-Norte desenvolve unha estratexia para atenuar o impacto socioeconómico do COVID19

15 Abril 2020

Seguindo as indicacións da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) os alcaldes do Concello da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois
Piñeiro; do Concello de Boiro, José Ramón Romero; do Concello de Rianxo, Adolfo Muíños e do Concello de Ribeira, Manuel Ruíz acordan actuar conxuntamente con prudencia e de forma concreta para atenuar os impactos socioeconómicos xerados pola crise do COVID-19.
A situación actual provocada pola crise do COVID 19 está tendo un gran impacto na economía municipal dos Concellos. A disminución dos ingresos xerados polos impostos e as taxas así como a previsión a curto prazo da reducción da transferencia que o Estado fai aos Concellos pronostica un futuro con incerteza. Por este motivo é necesario conter e asegurar a prestación de servizos municipais e actuar con prudencia.
Tamén o impacto económico afecta considerablemente á veciñanza da comarca, aos sectores produtivos, ao sector servizos, ás empresas e persoal autónomo. É por este motivo que os concellos da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte propoñen unha estratexia conxunta que minimice os impactos xerados por esta crise mundial sen perxuízo das medidas concretas que cada concello está implementando.

Os concellos propoñen:

  1. En canto ao cobro de impostos, tasas e prezos públicos xa devengados
    propóñense medidas tales como a suspensión temporal, a ampliación do prazo de cobro e facilidades de pago.
  2. En canto aos prezos públicos e tasas por actividades ou ocupación de espazo público que se desenvolverían durante o estado de alarma, propoñeranse medidas tales como a devolución do ingreso non prestado, a non prescripción temporal de bonos, pagos trimestrais,etc. ou a súa validez para períodos similares tan pronto se levante o estado de alarma.
  3. Aquelas rebaixas tributarias que supoñan unha merma importante nos ingresos previstos para o ano 2020, deberían trasladarse ás ordenanzas fiscais a aprobar para o ano 2021.
  4. Os Concellos poderán bonificar o imposto de onstrucción,instalaciones y obras en función das suas posibilidades cando sexan orientadas a
    conservación ou mellora do emprego .
  5. Os novos plans de dinamizacion económica, emprego, emerxencia social e de axuda a particulares, autónomos e empresas perxudicadas parcial ou totalmente na sua actividade, deberían de ser canalizados a través da incorporación do propio remanente ou ben do plan que a Diputación Provincial leva a cabo cos seus remanentes.

Os catro concellos integrantes da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, en base á realidade e ás posibilidades de cada un, aplicarán estas medidas co fin de garantir as sutentabilidade dos servizos municipais e minimizar os impactos sociais e económicos orixinados polo COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.