Este venres inaugúrase en Ribeira a nova edición da feira Gastromar, que vén con obradoiros e demostracións

19 Agosto 2025

Este venres 22 de agosto ás 11:45 horas, a praza de España acollerá a inauguración da Feira Gastronómica Gastromar Ribeira. Contarase coa asistencia da conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña, a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, Soledad Agra Tuñas e os alcaldes Ribeira, Boiro e Porto do Son, Luís Pérez Barral, José Ramón Romero e Luis Oujo, respectivamente. Tamén participará o presidente da AER, Francisco Martínez Gude.

A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) celebra a nova edición de Gastromar os días 22, 23 e 24 de agosto, no dito emprazamento da praza de España.

O programa inclúe unha completa axenda de degustacións de mariscos como ameixas, navallas, mexillóns e camaróns; e peixes como xurelos, lirios (marca de prestixio Lirio de Ribeira), sardiñas e xoubas.

Ademais, os días 23 e 24 de agosto celebraranse obradoiros e showcookings gratuítos pensados para todos os públicos, con Inscricións previas via WhatsApp no 676 484 026. Trátase das seguintes actividades:

-Obradoiro infantil e familiar: venres e domingo ás 13:00h. Dirixido a nenos e familias, permitirá descubrir a biodiversidade mariña e os produtos da pesca dun xeito divertido.

–Showcookings (demostracións) para adultos. O recoñecido chef Javier Fernández ofrecerá exhibicións gastronómicas os días sábado 23 e domingo 24 ás 11:30 h, ensinando técnicas e receitas con produtos do mar.

–Showcooking infantil: O domingo 24 ás 10:30 h, os nenos poderán participar nun showcooking adaptado especialmente para eles.

A Feira Gastromar está impulsada dende a Asociación de Empresarios de Ribeira en colaboración coas Confrarías de Aguiño e Ribeira, cos produtores de mexillón (OPMEGA), co Concello de Ribeira e, tamén coa Cooperativa de Armadores de Ribeira, a Asociación de Praceiras de Ribeira e unha manchea de empresas e entidades (por exemplo a Consellería do Mar e a Deputación da Coruña, entre outras). O obxectivo será novamente “poñer en valor e dar a coñecer os peixes e mariscos da nosa ría”, sinalou a organización, destacando a necesidade de reivindicar os produtos que, polas razóns que sexan, non adquiren as meirandes cotización e demanda no mercado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.