“Catro falecidos, suspendidas as comunicacións ferroviarias con Madrid e máis de 62.000 hectáreas queimadas en Galicia”. Antón Luaces

18 Agosto 2025

A ondaxe de incendios forestais arrasa Galicia, Estremadura e Castela-León. O lume, que afecta a pobos e aldeas, deixa un saldo de catro vítimas mortais e obriga a suspender por sexto día consecutivo as comunicacións ferroviarias entre a Comunidade galega e Madrid. A Xunta confirma que a cifra de hectáreas arrasadas nos incendios forestais  supón case un 9% da superficie da provincia de Ourense (727.000 hectáreas). 

As lapas avanzan na comunidade galega e suman 18 grandes incendios activos que afectan a algo máis de 62  .000 hectáreas de terreo apòs unirse os lumes de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso, o máis voraz da historia de Galicia. Segue decretado o nivel 2 de alerta para toda a provincia ourensá a  causa dos incendios. De non se atallar nas vindeiras horas, poderìa ser superada a extensión acadada en 2022 polo incendio rexistrado no Courel (Lugo).

A superficie queimada en España este ano supera as 345.000 hectáreas, o que sjgnjfica a día de hoxe que 2025 sería o peor ano desde 2006.   

En Galicia mantense a queixa pola que se entende como desatención ás zonas forestais por parte dos servizos contraincendios, que a Xunta contrata exclusivamente durante os tres meses de verán, deixando os montes ao seu libre albedrío os nove meses restantes, nunha etapa da historia na que menos gando pastorea ceibo nos montes e a atención que os propietarios destes lles prestan é mínima. 

Xunguido a todo isto unha climatoloxía absolutamente adversa, a “fotografía” da realidade non  pode ser outra: o lume.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.