Un veciño de Rianxo acepta unha multa de 720 euros por saír once veces de casa sen xustificación

15 Abril 2020

Seguen as sancións para veciñas e veciños da nosa comarca que non respectan as disposicións do Decreto de Alarma no que se refire ao confinamento e a prohibición de saír da rúa sen causa xustificada. O Xulgado de Instrución número 2 de Padrón, en funcións de garda, condenou este mércores 15 de abril ao pagamento dunha multa de 720 euros a un veciño de Rianxo que foi denunciado en once ocasións por incumprir o confinamento.

O sospeitoso, que se mostrou conforme coa pena, polo que non recorrerá a sentenza, recoñeceu ter saído á vía pública sen motivo xustificado os días 18, 27, 30 e 31 de marzo e o 1, 2, 3 e 9 de abril. O día 27 fíxoo tres veces e o 3, dúas. A xuíza destaca na resolución que o investigado incumpriu “de forma reiterada” a obriga de confinamento derivada do Estado de Alarma decretado polo Goberno o pasado 14 de marzo.

As denuncias foron feitas todas pola Policía Local de Rianxo, 10 tramitáronse vía administrativa (e cada una pode supoñer una sanción de 600 a 3.000 euros), e a última denuncia foi vía penal por desobediencia e
reincidencia, resultando condenado a pena de multa de 720 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.