UCIN Galicia reivindica a creación dun sistema único de emerxencias para combater os incendios forestais

16 Agosto 2025
José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia

A Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) en Galicia fai un chamamento ás administracións públicas para impulsar a implantación dun sistema único de emerxencias que permita, segundo reclama a agrupación, “unha resposta máis rápida, eficaz e coordinada fronte aos incendios forestais”. A formación subliña que “unha correcta identificación do nivel de risco e a aplicación de protocolos unificados garantirían unha escalada progresiva de recursos, evitando duplicidades, mellorando a coordinación e ofrecendo maior seguridade tanto aos equipos de extinción como á cidadanía.

O Coordinador de UCIN en Galicia, José Luis Calo, declarou: “A seguridade dos cidadáns e a preservación da nosa contorna deben situarse por enriba de calquera diferenza política. Galicia necesita un sistema único de emerxencias que garanta eficacia, transparencia e coordinación real entre todas as administracións implicadas. Só así poderemos dar unha resposta á altura do reto que supón o cambio climático e a crecente ameaza dos incendios forestais”.

UCIN Galicia lembra que os veráns cada vez máis secos e calorosos, consecuencia do cambio climático, converten a prevención e a coordinación interinstitucional nun factor decisivo para protexer o patrimonio natural galego e ás comunidades rurais. A organización política reitera o seu compromiso de traballar de maneira construtiva coas distintas administracións e a sociedade civil, achegando solucións prácticas que reforcen a seguridade cidadá e a defensa do medio ambiente.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.