Este venres é o día grande das Festas de Esteiro (as Festa do Carmen)

15 Agosto 2025

Esteiro celebra esta semana as Festas do Carmen. A xornada grande será hoxe, venres 15 agosto, festividade en Esteiro da Virxe do Carme, na que se recupera a procesión marítima con ofrenda floral aos mariñeiros. Logo celebrarase a final do Campionato de Barrios.

Haberá ruadas, orquestras, presentacións, sesión vermú e o Día do Neno o domingo 17 de agosto.

A festa comeza o xoves 14 cunha gran verbena nocturna a cargo de Discomóbil Impacto e DJ Bermúdez. Ao día seguinte haberá ruada de mañá con Agrocovo e Xeitura de Esteiro e ás 12.30 horas misa solemne na honra da Virxe do Carme cantada polo Corro Parroquial de Esteiro. A continuación celebrarase unha procesión e bailes tradicionais no adro da igrexa, seguido dunha sesión vermú co Grupo Jaque. Ás 18.00 horas celebrarase a procesión marítima acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Ás 20.00 horas celebrarase a final do Campionato de Barrios e pola noite actuarán Jaque, Discomóbil Impacto e DJ Nian.

A xornada do sábado comezará ás 10.45 horas cun funeral polos falecidos na parroquia, cantado pola Coral Santa Mariña de Esteiro. Ás 14.00 horas haberá unha sesión vermú coa Orquestra Sinfonía. Ás 19.00 horas presentarase o libro Deportivo Esteirano na Casa da Soiedade e pola noite haberá verbena con Sinfonía e Discomóbil Super Fabric e DJ Risco.

O domingo 17 celebrarase o Día do Neno. Haberá festa da escuma entre as 17.00 e as 18.00 horas. Será de balde.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.