“Aldeas e montes queimados, milleiros de soños mortos: o lume da Galicia que arde!”. Antón Luaces

14 Agosto 2025

Os que loitan contra o lume en Galicia, Castela-León, Andalucia, Comunidade de Madrid, Estremadura, teñen máis que merecido o recoñecemento dunha cidadanía que non dubidou en tamén se botar aos camiños, os carreiros, as estradas con baldes, mangueiras de rego, pás…  calquera elemento que permitise nestes días abafantes unha pelexa desigual contra as lapas que todo o abranguen na súa inmensa extensión. 

Pregúntome, lector, co seu permiso, se debemos considerar un semellante recoñecemento a aqueles que nos gobernan. Especialmente aos que teñen a altísima responsabilidade de mobilizar fondos económicos -cada quen no seu ámbito- e que son quen de prantar faciana libre ao lume e a quen queima todo o que tanto custou poñer en pé neste pais outra  vez desnortado que enxuga amarguentas bágoas de impotencia por non seren quen de dar unha couce no cú de aquel que queima ou que, pola súa desidia, permite que  a nosa terra vire en cinza, en borralla, un sono longamente acariñado de paz e progreso no que nunca faltou o toxo, a caroza, que prendera a ilusión maior e non a lapa traidora que todo o devora.

Porque neste país hai moito comediante de tres ao cuarto desexoso de se colgar medallas que, en boa hora, únicamente corresponden a eses homes e mulleres que tremen polo que os seus devanceiros tanto e tan ben lles deixaron para que ele, no seu tempo,  poideran mellorar.

Onde estiveron aqueles que agora comparecen morenos polo sol (non polo fume) dando testemuño de que hai unha vida mellor que a do apagalumes que cobra 1.300 euros por cada un dos tres ou catro meses que as distintas administracións os contratan anualmente para, en teoría, contribuir a evitar que se produzan incendios forestais coma os que mataron estes días perto de Zamora a dous mozos vontarios contra o lume e feriron de distinta gravidade  a moitos outros. 

As fotos para a posteridade non serán as súas. Seguro.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.