Comeza este xoves en Ribeira unha nova edición de Artemar

14 Agosto 2025

Estes xoves 14 de agosto comeza unha nova edición da tradicional Feira Artesanal e Mariñeira que terá lugar nas céntricas rúas de Ribeira ata o domingo 17.

A feira contará con preto de noventa stands –17 de alimentación, 3 de restauración e o resto de artesanía variada–, así como espectáculos infantís, animación de rúa e espectáculos nocturnos a cargo da empresa AMB.

A rúa de Galicia será a principal zona dos postos e actividades complementarias, se ben a feira discorrerá dende o Cruceiro da Saúde até chegar a Bandourrío pola rúa Manzanares até a praza de Teruel. A prioridade do Concello será “dar visibilidade ao comercio local de forma que non se oculte ningún escaparate de establecementos de Santa Uxía”.

Contarase con animación das rúas, obradoiros infantís e os espectáculos nocturnos.

Este xoves 14 las 18:00 horas procederase á apertura oficial da feira: “Contaremos cun pregón inaugural con presencia das compañías da feira e representantes da Corporación ás 20:00 horas na Porta do Sol”, sinalou os días pasados o concelleiro Francisco Suárez-Puerta, na presentación da axenda.

O concelleiro quixo recalcar que esta feira “contribúe, xunto con outras accións que desenvolvemos ao longo do ano, a dinamizar e animar turisticamente o noso municipio e tamén serve para dar un impulso económico local ao crear sinerxías co tecido comercial e hostaleiro da nosa cidade, sendo pois unha oportunidade de negocio ao atraer a un bo número de persoas até Ribeira que tamén van consumir e mercar nos negocios da nosa cidade”.

Amais, haberá un Concurso de Decoración de Establecementos, nel poderán participar tódolos negocios da cidade sen necesidade de inscribirse, polo que “dende o Concello lánzase un convite ao tecido empresarial local a adobiar os seus establecementos con temática mariñeira coincidindo coa feira, do 14 ao 17 de agosto”. Os negocios mellor valorados elixiranse por votación popular, acudindo á Oficina de Turismo do Malecón e cubrindo unha papeleta cos seus datos. Os tres establecementos do comercio local mellor valorados recibirán un agasallo e tamén entre tódalas persoas que participen na votación, entrarán nun sorteo de agasallos sorpresa. Poderase votar presencialmente na Oficina de Turismo do Malecón en horario continuo de 10:00 horas a 20:00 horas de luns a venres e de 10:00 horas a 18:00 horas o sábado mailo domingo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.