As obras de rehabilitación da pista polideportiva do Sanguiñal comezarán antes de finais de mes

13 Agosto 2025

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e técnicos da empresa Pavimentos Noia, Obras e Contratas SL, veñen de desprazarse ata a Pista Polideportiva do Sanguiñal, na parroquia de Tállara, onde tivo lugar a acta do trazado de planta dos traballos de mellora desta instalación deportiva.

“Unha obra que dará comezo antes de finais de agosto”, adianta Villaverde Pais, quen explicou que “reporemos unha parte da cuberta, que se desprendeu durante os temporais do pasado inverno, e aproveitaremos tamén para acondicionar as instalacións e os seus accesos para así poñelas a disposición da veciñanza nas mellores condicións posíbeis”.

Actuación integral

Uns traballos que inclúen actuacións en toda a instalación deportiva: estrutura, elementos de cuberta e laterais, así como nos seus accesos. As obras inclúen o desmonte de toda a estrutura, xa que a rotura das placas da cuberta, unidas á ausencia de canlóns e de baixantes para a recollida da choiva, causaban non só charcas na pista senón tamén ferruxe e corrosión nos principais elementos de ancoraxe.

Por iso, unha das primeiras actuacións que se acometerán será a aplicación dun tratamento antioxidante tanto sobre a estrutura como sobre a nova cuberta de chapa de aceiro prelacado. Despois instalaranse cos correspondentes canlóns de aluminio e baixantes para a recollida de augas pluviais, que serán canalizadas a través dunha tubaxe cara unha arqueta sumidoiro e un novo pozo de rexistro que se instalará na contorna.

As obras na pista completaranse coa pavimentación dos accesos públicos á instalación. Trátase dunha superficie total de 210 m², entre o lateral da pista deportiva e o camiño de acceso dende a estrada DP-1104, que neste momento ten o seu firme moi deteriorado e con fochancas, ademais de ter que sortear aramios. Isto fai que moitas persoas usuarias optasen por acceder ás instalacións deportivas a través do parque infantil da Escola Unitaria do Sanguiñal. Esta nova actuación permitirá ter dous accesos diferentes para dous públicos totalmente diferentes.

Antes da acometida destas obras, dende o Concello de Lousame procedérase á retirada das partes da cuberta caídas durante os temporais do inverno, así como a asegurar o resto de pezas da cuberta da polideportiva, evitando así calquera risco para as persoas usuarias. Porén, a pista non foi moi empregada xa que eses mesmos buratos facían que a pista non puidera ser utilizada durante os días de chuvia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...