Protección Civil da Pobra axuda ás persoas con mobilidade reducida

14 Abril 2020

As entidades e colectivos da comarca seguen adiante co seu importante labor solidario durante tempos tan complicados como este que estamos a que vivir, un Estado de Alarma que deixa ás persoas que viven en soidade máis soas que de costume e aos vulnerábeis máis vulnerábeis. Entre os primeiros colectivos en botar unha man atopáronse as voluntarias e voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal, que informan que seguen adiante co seu labor de apoio a persoas con mobilidade reducida a través do seu grupo específico de intervención sociosanitaria.

Do que se trata, lembran, é de levarlles á casa alimentos, produtos de farmacia ou bens de primeira necesidade.

Están a poñer o foco en persoas que, por causa da idade, por estaren nunha situación de risco nesta etapa de alarma sanitaria polo coronavirus, ou por outros inconvenientes de falta de mobilidade, non sexan quen de facer as compras diarias con normalidade ou acceder a outros servizos.

O servizo funciona en horario de 9.00 a 13.00 horas, ea través do número de teléfono 881 083 967. O Grupo de Atención Sociosanitaria tamén estará operativo a través do teléfono 636 485 078.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...