Titiriberia continúa este mércores en Rianxo con tres funcións de compañías de Navarra, Galicia e Portugal

12 Agosto 2025

O festival de monicreques tradicionais Titiriberia, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, celebra en Rianxo a súa décima edición entre o 12 e 17 de agosto. Este ano, o programa inclúe unha trintena de espectáculos da man de 19 compañías procedentes de Galicia, Portugal, Euskadi, Navarra, Aragón e Valencia. A actividade continúa este mércores 13 de agosto con funcións na praia de Tanxil, no Campo de Arriba e no Paseo da Ribeira.

Ás 12.30 horas, Títeres Alakrán ofrecerá A vella do gaiteiro, unha ruada de Títeres Alakrán no que se utiliza unha figura tallada para crear a ilusión dunha dona que leva un gaiteiro nun cesto. A música que interpreta vai acompañada de diálogos cómicos e dramatizacións coa figura, xerando asombro e risa entre o público. O percorrido deste espectáculo itinerante partirá do Paseo da Ribeira.

Ás 13.00 horas, a praia de Tanxil recibirá a Basoa, obra da formación navarra Firulete. Esta montaxe fálanos de Uxue quen, preocupada pola súa avoa, meterase no bosque na súa procura. Entre as árbores atoparase con seres mitolóxicos que lle ensinarán valiosas leccións.

Ás 20.00 horas, no Campo de Arriba, chegaralle a quenda á compañía portuguesa Red Cloud, que presentará o seu espectáculo O castelo dos pantasmas. A partir do conto popular “Xan sen medo”, Roberto explora un espazo físico, xeográfico e mental, nun castelo encantado enfrontándose a diferentes pantasmas e monstros na procura da princesa Rita.

A compañía vasca Tenderete tiña previsto ofrecer dúas funcións no día de mañá do seu espectáculo Menudencias, mais por imprevistos de forza maior de última hora se suspenden.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.