Silvia Agrafojo clausura as “Leisure activities in english” de Lousame, nas que participaron 30 nenos e nenas

11 Agosto 2025

A concelleira de Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Protección Civil, José Antonio Ces, clausuraron o programa Leisure activities in english, unha iniciativa gratuíta do Concello de Lousame que incluíu unha gran variedade de actividades educativas e de ocio impartidas en inglés por Zhenya Yordanova e Ogsanna Yeritsya, voluntarias do Corpo Europeo de Solidariedade, en colaboración con integrantes do voluntariado xuvenil lousmiá (Paula, Adriana, Hugo, Nico, Dani, Xoel, Raúl e Ariana).

A actividade contou coa participación de 30 nenos e nenas, de entre os 6 e os 11 anos de idade, e impartiu no local social do Sanguiñal (Tállara) en horario de 10:30 a 13:30 horas. A abafante calor foi a protagonista do campamento, o que fixo que gran parte do mesmo se desenvolvera ao aire libre pero baixo sombra, ben na pista polideportiva ben adaptándose aos espazos de sombra do parque infantil. Así, o programa incluíu diversas actividades como pintura, karaoke, música, xogos, cine, teatro, conversas… todo en lingua inglesa para que os nenos e nenas sigan practicando o inglés durante o verán.

Así o puideron comprobar Silvia Agrafojo e José Antonio Ces, que se sumaron a un xogo común de tentar adiviñar o nome dunha personaxe facendo e respondendo preguntas en inglés. Unha visita na que puxeron en valor novamente a colaboración do voluntariado xuvenil local, non só das dúas voluntarias europeas, senón da rapazada lousamiá, que este ano tamén asumiu tarefas de tradución, toda vez que a chegada de Zhenya e Ogsanna adiouse con respecto a outros anos e aínda non teñen soltura co galego.

A rapazada despediu as Leisure activities in english do verán 2025 interpretando a canción When I’m gone, a coñecida Cup song popularizada pola actriz Anna Kendrick na comedia xuvenil Dando la nota (Pitch Perfect).

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.