Luns de ceos nubrados nas Rías Baixas e Santiago e lixeira baixa da temperatura

10 Agosto 2025

A xornada deste luns, Santa Susana (patroa de Santiago) e Santa Clara, traerá un aumento da inestabilidade atmosférica nas Rías Baixas, Santiago e a súa comarca, co predominio de ceos parcialmente nubrados e posibilidade de chuvascos de carácter tormentoso, especialmente nas horas centrais do día.

Na franxa costeira agárdanse brétemas máis mestas durante a mañá e ao caer a tarde, reducindo a visibilidade en puntos do litoral. As temperaturas mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro descenso, deixando un ambiente máis suave que nas xornadas anteriores. O vento soprará frouxo do oeste-noroeste, sen descartar algunhas refachas moderadas en zonas expostas da costa.

A situación meteorolóxica, marcada pola presenza de aire frío en altura, podería derivar en treboadas puntuais, polo que se recomenda precaución nas actividades ao aire libre, tanto no litoral como no interior.

Non se preveen cambios no tempo nos próximos 15 días pero haberá baixa térmica.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 1 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.